Fai pouco máis dun mes comezábamos a darlle voltas a idea de engadir en gupigupi unha mini-aplicación para contabilizar mellor o noso tempo e insertar tempos e gastos dunha maneira máis sinxela.
Básicamente buscabamos incorporar un contador de tempo e algo que nos permitise engadir rexistros sen necesidade de acceder á aplicación (nada novidoso, por outra banda).
Pois ben, hoxe, por fin, podemos mostrar unha preview do traballo que estivemos a realizar.
Resumo de funcionalidades:
Múltiples contadores de tempo (timers) simultáneos.
Inserción de gastos.
Executable desde gupigupi ou directamente a través dun marcador no teu navegador.
Compatible con iPhone como webapp.
Almacenamento remoto dos datos de cada contador. Poderás cambiar de equipo ou dispositivo sen perder o estado dos timers.
As combinacións de teclas permítennos aforrar tempo á hora de realizar as tarefas máis habituais, o que mellora o noso rendemento e incrementa a nosa productividade.
En gollegolle procuramos engadir sempre este tipo de funcionalidades nas nosas ferramentas, as que mostramos a continuación son as relativas a gupigupi1.
Iremos incorporando novas combinacións de teclas a gupigupi, se se che ocurre algunha que consideres realmente útil envíanos un email.
1 Á hora de insertar tempos ou gastos non é preciso acceder á sección correspondente. Podes engadir novos rexistros desde calquera sección da ferramenta.
A oferta de ferramentas de xestión basadas en web é cada día máis ampla, actualmente existen variedade de ferramentas por ahí fora que pouco a pouco van reemplazando as habituais ferramentas de escritorio.
En gollegolle buscabamos una ferramenta para a planificación e control de tempos e gastos, pero o que atopabamos resultaba demasiado ríxido ou complexo. Nós buscabamos algo máis concreto, flexible e sinxelo, que se adaptara a calquera tipo de actividade e a empresas de calquera tamaño, asi que ¿Por que non crear unha ferramienta propia e aportar a nosa visión ó respecto?.
Con esa premisa comezamos a traballar neste proxecto que hoxe ve a luz "oficialmente", gupigupi.
En realidade, gupigupi iniciaba a súa andadura fai un mes con una "pre-beta", onde repartimos un pequeno número de contas entre amigos e profesionais e facíamos pública a web. Tras esa etapa inicial hoxe abrimos as portas da beta privada, onde todo aquel que o desexe poderá solicitar unha invitación.
Esto era o que buscabamos e parte do que gupigupi quere aportar:
Acceso desde calquera ubicación
Maior seguridade dos datos
Xestión de múltiples usuarios
Inserción rápida de rexistros e desde calquera lugar da aplicación
Múltiples opcións de búsqueda e filtrado
Carpetas intelixentes para configurar filtros de búsqueda
Inserción de proxectos ó voo
Atallos de teclado
Xeración de informes personalizados
e todo iso envolto nunha interfaz rápida e sinxela
Se che interesa participar na beta privada podes solicitar unha invitación a través de este formulario.